Planta de Biometano en LUGO? Non, gracias! – Hoxe remata o prazo para alegar

Lembrámosvos que hoxe é o último día para mandar alegacións!! Aquí podedes acceder á entrada de alegacións para descargalas.

manifestacion-biometano-coeses

Centos de veciños en contra da planta de Biometano en Lugo

¡Lugo non quere cheiros!

Aratel debe corrixir o seu plan de verteduras para a planta de biometano de Coeses A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil non avala a evacuación de augas que a empresa propón no proxecto básico e pide cambios. O informe do organismo de conca, xunto a outros, é imprescindible para que a Xunta autorice o proxecto.

Aratel, a empresa madrileña que proxecta unha planta para producir biometano en Coeses con residuos de matadoiros e de industrias alimentarias, terá que presentar un novo plan de tratamento e verteduras de augas residuais para obter a correspondente licenza da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O informe favorable da confederación Hidrográfica é un das autorizacións imprescindibles para que a Xunta leve a cabo a avaliación ambiental integrada e autorice a instalación da planta.

Nun primeiro informe, a Hidrográfica informou desfavorablemente o proxecto empresarial, xa que considera que o tratamento de augas residuais que propón e a súa evacuación ao rego de Vilalbite, que desemboca no Miño, non ofrece suficientes garantías. Entre os problemas que ve está o feito de que o regacho leva pouca auga, sobre todo no verán, e non tería suficiente capacidade de dilución do líquido que recibiría da planta, previamente depurado.

A CHMS é un dos organismos aos que a Xunta pide  informe para facer a avaliación ambiental do proxecto e, tras recibilo, trasladoullo á empresa para que esta responda as dúbidas e aos requirimentos que expón o organismo de conca. 

No proceso de avaliación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta encárgase de recompilar infórmelos pertinentes e de estudar as alegacións que se presentan na fase de exposición pública, que terminou esta semana.

Freno a la planta de Coeses tras el informe desfavorable de la CHMS La evaluación de la Hidrográfica es, como otros dictámenes, indispensable para que la Xunta autorice la actividad de la planta en Coeses, que consiste en el tratamiento biológico de residuos de mataderos e industrias alimentarias para producir gas metano.

No reúne suficientes garantías medioambientales en lo que respecta al vertido de aguas residuales que prevé realizar al rego de Vilalbite, cauce que desemboca en el río Miño, según el análisis realizado por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS).

El dictamen de este organismo es vinculante para que la Xunta pueda conceder la autorización ambiental integrada, por lo que todo hace pensar que, en este momento, el proyecto estaría tumbado.

E aquí podedes acceder ao informe: Informe Planta Biometanizacion Lugo Coeses en pdf

Animámosvos a ler e compartir a resposta da asociación a este proxecto tan daniño:

Agradecemos o traballo dos voluntarios concienciando á cidadanía!

Mais info Artigo 29 XuñoArtigo 13 Xuño

Na prensa: La planta de biometano de Lugo: Rueda y Alvarellos, atrapados entre la ley y las protestas vecinales – Lugo capital – COPE

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio