Defendemos este modelo, predominante en varios países europeos: plantas de pequeno tamaño onde só os xurros da explotación alimentan o dixestor e a enerxía se aproveita na propia granxa, contribuíndo á súa rendibilidade.
Sen camións transportando residuos, sen lodos de depuradora, sen incremento de cheiros, sen grandes impactos.
Se este modelo funciona, por que nos queren impoñer macroplantas?Pódese incentivar esta enerxía e apostar polo rural destinando as axudas aos gandeiros, ou ben regar con subvencións ás empresas enerxéticas e os fondos voitre para que estraguen con macroproxectos insostibles pobos enteiros, favorecendo o despoboamento do rural e a contaminación das augas e dos solos, dos que obtemos a enerxía máis importante: os alimentos.

