POSICIÓN SOBRE AS PLANTAS DE BIOGÁS

planta-biogas

V. Castellano

A postura de Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde” é contraria a instalación de plantas de Biogás e de Biometano.
Non hai necesidade de instalalas no rural porque o xurro é un fertilizante, un produto de utilidade na actividade Agro-Gandeira. O xurro na terra, non é un resíduo.

O xurro das granxas sen terra, só precisa terra que aproveite ese fertilizante e darlle entón o aproveitamento que lle acae a un fertilizante agrícola. Será preciso logo, unha xestión dos xurros ligada ao uso que lle é próprio como fertilizante única e exclusivamente. Polo tanto as plantas de biogás para nada se xustifican na actividade agraria.

As plantas de biogás están pensadas para cubrir necesidades de enerxía , mais mentras non se coñeza o balance de enerxía completo non sabemos se cubre esta necesidade nin en qué cantidade, polo que facelo sen mais e como dar paos de cego.

Os problemas medio-ambientais que é sabido que implican este tipo de instalacións: malos cheiros, perda de valor das propriedades, afectación á saúde, despoboamento,..non están evaluados con claridade, mais son considerables e parece que non se teñen en conta.

Se no rural non se atopan argumentos para implantar estas plantas de biogás, esa implantación debe esquecerse . Se o que se precisa é tratar residuos de grandes zonas urbáns , deben resolver o problema no seu território e non facer do rural o
destinatario das actividades mais perxudiciais.

Polo tanto , dende Ecoloxistas Galiza “ Atlántica e Verde” rexeitamos este tipo de instalacións, asi como a implantación de granxas sen terra (macrogranxas), un modelo que sabendo como se sabe, os preuizos que implican, a autorización de novas instalacións deste tipo debería estar xá descartada.

#PlantasDeBiogásNON

Outros ligazóns e vídeos de interés:

Díptico: “Todo lo que deberías saber sobre el “biometano” y nadie te ha contado” – https://drive.google.com/file/d/1GH3XqOyKY_Bx8wUJpbhh7BqkeEjTDfvF/view?usp=drive_link

https://www.facebook.com/share/p/18ZbFhYeeh

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/es-definitivo-biogas-coeses/202502250849581850703.html?s=09

1. Afeccións das plantas de biogás e biometano: https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/macroplantas-de-biogas-e-biometano-insostibilidade-ambiental-sanitaria-economica-e-climatica/
2. Stop plantas de biogás e biometano #NinNoTeuPoboNinNoNoso: https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/stop-plantas-biogas-e-biometano-ninnoteupoboninnonoso/

1 comentario sobre “POSICIÓN SOBRE AS PLANTAS DE BIOGÁS”

  1. Pingback: ⛔ESIXIR UNHA MORATORIA PARA NOVAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS SEN BASE TERRITORIAL EN ESPAÑA

Os comentarios están pechados.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio