Resumo dos puntos principais do documento aprobado no Congreso Constituínte de Ecologistas en acción modificado nas asambleas confederais de 1999, 2005 e 2018.
(1) A conservación do medio ambiente en óptimas condicións é un Dereito de todos os seres vivos e unha obriga moral do seres humanos. Ese dereito debe facerse realmente efectivo para o conxunto da vida no planeta porque iso é o que permite que a humanidade se desenvolva en condicións de dignidade, tanto na distribución dos recursos como na satisfacción daquelas necesidades lúdicas, culturais e psicolóxicas para as xeracións presentes e futuras.
(2) Denunciamos o desenvolvismo económico imperante, basado na explotación abusiva e ilimitada dos recursos naturais e das persoas. Defendemos un desenvolvemento humano respectuoso ca naturena no que o aproveitamento racional de tales recursos sexa garantía para a súa conservación. Defendemos a soberanía ambiental (enerxética, alimentaria, de auga e tecnolóxica), é dicir, a concepción dos recursos naturais como bens comúns que deben ser xestionados de forma democrática, evitando todo tipo de exclusión e respectando os límites do ecosistemas.
(3) Para poñer fin á degradación das paisaxes e os ecosistemas, tanto marinos como terrestres, necesitamos unha nova ordenación do territorio que garanta a conservación dos espazos naturais, racionalice o uso e desfrute dos mesmos, evite o deterioro dos solos e a desertificación, promova un aproveitamento racional dos recursos e optimice para todo o territorio as necesidades da sociedade sen menoscabo da calidade de vida da poboación local e sen pérdida de identidade das persoas coa súa contorna, minimizando así os efectos que o cambio climático terá sobre os ecosistemas planetarios.
(4) Debe poñerse fin á crecente contaminación das augas mariñas e continentais, da atmósfera, dos solos, dos alimentos e á contaminación electromagnética, que supoñen un perigo para a saúde humana. O novo modelo industrial debe abogar por unha verdadeira economía circular, o que supón pechar os ciclos dos materiais, substituíndo a actual cadea lineal que converte recursos en residuos.
(5) Frente á loita contra o cambio climático apostamos por un horizonte enerxético descentralizado e democrático, que só poderá ser posible por medio dunha diminución drástica e equitativa do consumo enerxético global.
(6) Declarámonos a prol de que que recoñezan os dereitos dos animais non humanos porque o progreso, a paz e a educación deben conxugarse en armonía co respecto cara o resto das especies que tamén forman parte da natureza.
(7) Declarámonos ecofeministas, pois creemos que as relacións de opresión sobre a natureza teñen a mesma raíz que a opresión cara as mulleres e que a violencia máis extendida en todas as sociedades é precisamente a que sofren as mulleres quenes, ademáis, teñen ao seu cargo os traballos de sustento e cuidado da meirande parte da humanidade.
(8) Consideramos inaceptable o actual orde económico internacional e a globalización capitalista promovida polas institucións financieiras internacionais e os tratados comerciais e de investimento, xa que supoñen novas formas de colonialismo ao fomentar a acumulación de poder por parte das multinacionais e incrementar a débeda ecolóxica dos países do norte cos pobos do sur porque os países do norte rico son quenes máis contaminan, máis expolian os recursos e máis refugallo xeran e sen embargo os países do sur son quenes máis sofren as consecuencias.
(9) Na era da información apoiamos a libre circulación desta e nos declaramos en contra da súa apropiación e patentado.
(10) Propoñemos un modelo de democracia real, na que a participación cidadá se convirta no eixe vertebrados das relacións entra a Administración e a cidadanía coa máxima descentralización en todo tipo de foros, respectando as decisións e intereses globais. Rexeitamos a acumulación de poder e os totalitarismos políticos. Abogamos polo fomento do asociacionismo e o cooperativismo libre e independente e consideramos a experimentación das ideas alternativas como unha garantía para a búsqueda de novas iniciativas de progreso.
(11) Abogamos pola resolución non violenta dos conflitos e declarámonos pacifistas, opoñéndonos á militarización da sociedade e á aplicación da ciencia e da tecnoloxía para usos militares que poñen en constante perigo a paz mundial. Creemos na libertade de expresión e no debate político, polo que nos opoñemos ao crecente control social e ao aumento da represión (tanto burocrática como xudicial) da poboación.
(12) Rexeitamos os traballos que reducen as posibilidades de supervivencia das persoas e os ecosistemas, e recoñecemos como traballos socialmente necesarios aqueles que fan posibles vidas dignas en condicións de sustentabilidade.