Quen contamina paga?

Compartimos convosco o siguinte artigo da asociación Amigas das Árbores de Ourense:

Quen contanina paga. Quen estraga o patrimonio natural ten que restaurar e devolver o ecosistema afectado ao seu estado orixinal“, isto é o que recolle a lexilación autonómica, estatal e as directivas comunitarias da Unión Europea.
Para cumprir coa lexislación e as normativas as institucións públicas crean organismos dotados de medios materiais, técnicos e humanos.
A empresa “Feldespatos Sarreaus S.L.” naceu no 1997 cun investimento de 3,6 millóns de euros (1.579.351, 63 euros de subvención da Xunta de Galicia -21 de xullo de 1997-).
Historia da contaminación dunha empresa na que o concello de Sarreaus, Xunta de Galicia e o Estado español “deixaron facer e deixaron pasar”, unha mostra de desleixo, incompetencia deixadez de funcións e presunta prevaricación pois a pesares das denuncias realizadas por distintas organizacións ambientalistas non actuaron en tempo e forma coa conseguinte contaminación da Lagoa de Antela e do Val do Limia con efectos no hábitat e risco para a saúde das persoas.
LEMBRAMOS que houbo varias denuncias por abandono de produtos altamente tóxicos (bidóns con 1200 litros de ácido fluorhídrico), lodos procedentes de depuradoras, plásticos, xurros procedentes de granxas, refugallos de construción con incluso amianto…como exemplo:

  • 23 de xuño de 2012 denuncia no xulgado de Xinzo de Limia.
  • 29 de xuño de 2017 en distintos organismos públicos.
  • 3 de xullo de 2018 no servizo de conservación da natureza da Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica e Seprona.

Despois da desaparición de “Feldespatos Sarreaus” a propiedade situada no polígono 501, parcela 292 pasou a ser xestionada pola inmobiliaria “Aliseda” vinculada ao grupo do Banco de Santander.
Nas denuncias comunicamos sempre a situación de contaminación da propiedade e tamén da “draga-barco” cos depósitos cheos de combustible e aceites, lamentablemente as institucións públicas con competencias (concello de Sarreaus, Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica) non fixeron nada para solucionar as eivas detectadas e comunicadas.
Agora que reventaron os depósitos da “draga-barco” coa forte contaminacion das augas na cabeceira do Río Limia, que van facer os responsables das administracións públicas???
Acabamos de rexistrar, novamente, denuncias polo verquido de combustibles e aceites diante de tódolos organismos, estamos recabando as denuncias feitas no seu día para pedir que diante deste “delicto medioambiental continuado” a Fiscalía abra investigación e se depuren as responsabilidades de quen practicou un manifesto desleixo.
Quen contamina paga e ten a obriga de restaurar o ecosistema estragado“.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio