Quen somos

Ecoloxistas Galiza, Atlántica e Verde (EcoloxistasGal.org) nace no ano 2019 como Ecoloxistas en Acción Galiza (EcoloxistasEnAccion.Org) e coma unha entidade […]

Ecoloxistas Galiza, Atlántica e Verde (EcoloxistasGal.org) nace no ano 2019 como Ecoloxistas en Acción Galiza (EcoloxistasEnAccion.Org) e coma unha entidade que entende que os problemas medioambientais teñen a súa orixe nun modelo de produción e consumo cada vez máis globalizado que é necesario transformar si se quere evitar a crise ecolóxica.

Por este motivo leva a cabo campañas de sensibilización, denuncias públicas ou accións legais contra aquelas actuacións perxudiciais para o medio ambiente e a cidadanía, ao tempo que elabora e desenvolve alternativas concretas en cada un dos ámbitos referidos.

Nos como Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde” somos unha asociación con personalidade xurídica propia dende 2020 e con plena capacidade de obrar.

O ámbito no que a asociación vai desenvolver principalmente a súa actividade e autonómico e poderá colaborar con organismos conservacionistas, ambientais, ecoloxistas e defensores do ecoloxismo social.

Inicia a súa andadura en 2019 con data de denominación e NIF definitivo de 8 de outubro de 2019 e figurando no Rexistro Central de Asociacións dende xuño de 2020.

A posición dos membros é clara e unánime respecto ao que está acontecendo no territorio, opoñéndonos ao espolio do rural polo lobby enerxético e os fondos de inversión  e a defensa do patrimonio natural está dentro das nosas prioridades polo que decimos:

RenovablesSI (autoconsumo e comunidades enerxéticas )

MACROrenovablesNON #NinEnTerraNinNoMar

A participación dos membros realizase de forma voluntaria e altruista, en función da sua dispoñibilidade, po lo que este ano o noso presuposto recibido de subvencións é de 0 €

Na actualidade organizase mediante grupos comarcáis de traballo e áreas temáticas.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio