Presentamos por Rexisto RECURSO DE ALZADA , contra a RESOLUCIÓN, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Alvite II, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira e Santa Comba (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/016), DOG Núm. 111, de 13 de xuño de 2023, ante a conselleira de Economía dentro do prazo legalmente establecido ,presentando tamén o correspondente informe técnico .
As infraestruturas do proxecto eólico Alvite II afectan a hábitats naturais de interese comunitario ou prioritarios: Uceiras secas europeas, Breixeiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix, Uceiras oromediterráneas con toxo, Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas, Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior . Constátase a presencia dun elevado número de anfibios e réptiles vencellados a estes espazos e que precisamente atópanse clasificados coa categoría de vulnerable.
Cómpre resaltar o carácter unitario dos parques eólicos previstos, no sentido de que todos os seus elementos e instalacións deben contemplarse desde unha perspectiva unitaria, desde os accesos e os propios aeroxeradores ata a liña de conexión dos parques no seu conxunto coa rede de distribución ou transporte de electricidade.