Reprobamos que haxa centros educativos que acollan as campañas tendenciosas da Fundación CEMA

fabrica-cementos-oural

Compartimos convosco o siguinte comunicado da Area de Educación de EGAV:

A Fundación CEMA (https://www.fundacioncema.org/quienes-somos/) realiza campañas “gratuítas” supostamente “educativas” en colexios, institutos e centros de formación profesional.

https://infocemento.com/la-fundacion-cema-comienza-su-campana-educativa-en-colegios-institutos-y-centros-de-fp-2024-2025

O que ofrece é propaganda e manipulación, pois forman parte da Fundación CEMA (Fundación Laboral do Cemento e do Medio Ambiente) a patronal cementeira OFICEMEN e os dous maiores sindicatos do sector, CCOO do Hábitat e UGT FICA, Federación de Industria, Construción e Agricultura. https://www.fundacioncema.org/quienes-somos/

En pleno núcleo urbano de Oural (concello de Sarria) están as instalacións industriais da fábrica de cementos de Oural. Ao lado da fábrica, a empresa Votorantim Cementos España, S.A planeou implantar unha planta de produción de combustible sólido recuperado (CSR) derivado de residuos industriais, que son moi contaminantes.

É lamentable que os centros educativos se presten a acoller este tipo de campañas, cociñadas e amañadas para branquear a contaminación industrial. O CEIP Plurilingüe ‘Antonio Fernández López’ de Oural (Lugo) e o IES ‘Gregorio Fernández’ de Sarria (Lugo) participaron nas campañas de educación ambiental “Colegios + sostenibles” e “Generación + sostenible”, que leva a cabo a Fundación Laboral do Cemento e o Medio Ambiente (Fundación CEMA) nos centros educativos situados na contorna próxima ás cementeiras.

Ademais dos obradoiros, a Fundación CEMA complementa as campañas con recursos e materiais para profesorado e familias.

https://cemento-hormigon.com/el-colegio-de-oural-y-un-instituto-de-sarria-participan-en-las-campanas-de-educacion-ambiental-de-la-fundacion-cema

Tratan de manipular á comunidade educativa, comezando polas nenas e nenos, con actividades supostamente inocuas (pero só no título).

Organizamos talleres con el colegio de Oural sobre alimentación saludable. Además, se realizan talleres de educación ambiental en colaboración con la Fundación CEMA tanto en colegios como en institutos cercanos a la fábrica.”

https://www.votorantimcimentos.es/es/localizacion/fabrica-de-oural/entorno

Atrévense a falar de educación ambiental, asociando falazmente a defensa do medio ambiente, a sostibilidade, a loita contra o cambio climático e os hábitos de vida saudables e sostibles coa industria cementeira máis contaminante.

A Fundación CEMA entrega premios aos mellores vídeos “educativos ambientais”.

https://gestoresderesiduos.org/noticias/fundacion-cema-entrega-sus-premios-a-los-mejores-videos-educativos-ambientales

Propagan sofismas ou falsos argumentos disfrazados de tópicos do capitalismo verde: “Los materiales educativos que hemos elaborado para aprender más sobre el sector cementero, los ODS, el cambio climático y la economía circular, un modelo económico y social más sostenible e igualitario que todos podemos potenciar.”

Ocúltanlle ao alumnado que a planta de CSR estará no núcleo urbano do Oural, con vivendas a menos de 50, de 100 metros; 103 vivendas a menos de 500 m, 259 vivendas a nenos de 1 km e 344 vivendas a menos de 2 km.

Ocúltanlle ao alumnado que cando a planta de CSR de Oural funcione a pleno rendemento vai procesar cada ano a enorme cantidade de 163.800 toneladas de máis de 100 tipos distintos de residuos industriais altamente contaminantes: moitos tipos de lodos, residuos de plásticos, de tratamientos químicos, anaeróbicos, de augas residuais industriais, do refinado do petróleo, distintas siliconas, pneumáticos, mesturas betuminosas, disolventes, residuos de fitosanitarios, de pinturas, de vernices, tóner, tinta…

Ocúltanlle ao alumnado que ese combustible derivado de residuos vai a ser procesado e incinerado na fábrica do Oural:

Ubicación junto a la planta de producción de cementos, donde se requiere del uso del producto generado”. Páx. 74.

Ocúltanlle ao alumnado que emisións contaminantes supoñen unha seria ameaza para a saúde e o medio ambiente, porque contaminan o aire que respiramos, a auga que bebemos e a terra, intégranse os seus compoñentes na propia cadea alimentaria, afectando á produción agrícola e gandeira, até contaminar os alimentos que comemos.

Ocúltanlle ao alumnado que os ventos dominantes levarán as emisión tóxicas a Sarria, Bóveda e outras poboacións da comarca e doutras zonas. Que os contaminantes son moi estables e persistentes, tenden a acumularse, aumentando a súa concentración ao ascender na cadea trófica.

Ocúltanlle ao alumnado que a incineración dos combustibles sólidos derivados de residuos industriais mencionados no proxecto, segundo abundantes evidencias científicas internacionais, libera contaminantes atmosféricos tan perigosos como:

  • Dioxinas e furanos (canceríxenos recoñecidos pola OMS)
  • Metais pesados como chumbo, cadmio ou mercurio
  • Partículas finas (PM10, PM 2.5)
  • Compostos orgánicos volátiles e óxidos de nitróxeno

Ocúltanlle ao alumnado que a exposición crónica a estes contaminantes asóciase con enfermidades graves, entre elas:

  • Cancros de pulmón e outros tipos de cancro
  • Enfermidades respiratorias (asma, bronquite, EPOC)
  • Trastornos neurolóxicos e do desenvolvemento infantil
  • Problemas cardiovasculares e reprodutivos

Ocúltanlle ao alumnado que o proxecto industrial da planta de CSR de Oural non conta cun estudo epidemiolóxico das substancias perigosas cuxos valores límite de emisión non foron controlados durante o funcionamento da cementeira e que se ten demostrado cientificamente que son nocivos para a saúde das persoas.

Ocúltanlle ao alumnado que é preceptivo incorporar un estudo epidemiolóxico sobre o impacto na saúde no procedemento de autorización da planta de CSR de Oural e de calquera outro sitio, incluíndo tamén as substancias que a nivel científico se comprobou que se emiten nese tipo de procesos industriais e que son nocivas para a saúde.

Ocultan información ao alumnado, falsean a percepción da realidade, manipulan a compresión dos feitos, neutralizan os razoamentos con sentido crítico e dificultan a adquisición de coñecementos racionais. É moi grave facelo e ser cómplice. É anti-educación.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio