Resposta de Augas de Galicia ante os danos da balsa mineira de Frades

Balsas-mineiras-ao-maximo-da-sua-capacidade-FRADES

Recibimos notificación de AUGAS de GALICIA , donde nos comunica que:

1.Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral de Augas de Galicia pola Asociación

Ecoloxistas en Acción Galiza con data 04/04/2023 , denúncianse posibles danos causados polo

fallo da balsa mineira ao leito do rego A Regueira.

2. Iniciouse o 20 de abril de 2023 un expediente sancionador con clave DH.D15.92692, polo que

se procede a dar traslado da súa denuncia para ser incorporada ó procedemento aberto con dito

expediente.

3. No relativo a solicitude de acceso aos diferentes documentos que realizan no seu escrito,

dirixiuse a súa petición ante os órganos competentes: Consellería de Medio Ambiente, Territorio

e Vivenda e á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, para

que procedan a responderlle no que se refira a súa materia.

O 4 de abril no escrito a Augas de Galicia solicitamos no escrito de denuncia o seguinte:

1. Procédase a drenar as balsas mineiras e á correspondente eliminación destas, posto que se ubican na zona de policía do Rego da Regueira, afluente do Río Maruzo e do Rego innominado afluente do Río Gaiteiro.

2. Valórense as afeccións aos cauces protexidos, as respectivas veigas e ribeiras e por tanto, as afeccións á Rede Natura 2000. Procédase a execución da fianza ou aval da empresa titular en orde á reparación dos danos causados de ser o caso.

3. Procédase á incoación do correspondente procedemento sancionador pola falla de dilixencia debida en relación á seguridade das balsas e á súa inidónea localización, na zona de policía de cauces.

4. Acceso ao Plan de vixiancia ambiental das balsas mineiras da empresa Erimsa – Explotación de Rocas Industriales y Minerales S.A.

5. Acceso á autorización administrativa que permitiu a instalación das balsas mineiras indicadas na zona de policía dos cursos fluviais indicados.

6. Acceso ao informe ambiental/ declaración de impacto ambiental na que se basea a actividade mineira desarrollada na zona e aos condicionamentos ambientais desta actividade.

7. Procédase á paralización inmediata da actividade mineira desarrollada pola empresa promotora e ao precintado das balsas e á correspondente clausura e peche da explotación, posto que non se garante a non afección aos recursos hídricos, aos chans, ás paraxes ribeiregas, a chaira de inundación dos leitos e á Rede Natura 2000

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio