Solicitamos o Persoamento no proxecto de ampliación de Tableros Hispanos

Entregouse por Rexistro dirixido á alcaldesa do Concello de Lugo solicitude de Persoamento da Asociación EA Galiza no proxecto de ampliación da mercantil Tableros Hispanos SLU así como que nos sexa facilitada a información correspondente , dada a afección evidente da actividade de Tableros Hispanos SLU aos veciños e o Medio Ambiente.

Solicitándolle que tendo por presentado o escrito, o admita, e de conformidade co exposto, póñase a disposición da solicitante copia en formato electrónico do expediente de aprobación do Proxecto de Ampliación da mercantil “Tableros Hispanos SLU”, incluidos todos os informes sectoriais que conforman o procedemento administrativo.

Ligazón ao xustificante de presentación

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio