Reafirmámonos na nosa posición acerca das Plantas de Biogás e Biometano e pedimos a todas as forzas políticas que tomen nota do que din os expertos e que comecen por non autorizar a construción ou ampliación de máis granxas sen terra, que escoiten aos representantes dos gandeiros, que visiten as instaladas, que escoiten aos afectados…
Que non tomen decisións e aproben leis sen ter antes toda a información.
Nós temos claro que #NinNoTeuPoboNinNoNoso
Un detalle importarte a ter en conta é o que acontece no proceso cos lodos de depuradoras que é máis ou menos restrictivo según o país. Parece axeitado estar ao nivel dos máis esixentes.
Ver Díptico: “Todo lo que deberías saber sobre el “biometano” y nadie te ha contado”
1.A posición da nosa asociación sobre as plantas de biogás e biometano: https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/posicion-sobre-as-plantas-de-biogas/
2.Afeccións das plantas de biogás e biometano: https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/macroplantas-de-biogas-e-biometano-insostibilidade-ambiental-sanitaria-economica-e-climatica/

