⚡️ Novo varapau á política depredadora da Xunta de Galicia: o TSXG paraliza o parque eólico Monte Contado 🌬️🌱
🔹 Auto: 00089/2025
🔹 Data: 28 de maio de 2025
🔹 Emprazamento: Concellos de Lugo e Castroverde
🔹 Promotora: Naturgy Renovables SLU
🔹 Administración demandada: Xunta de Galicia
🔹 Potencia prevista: 22,5 MW (5 aeroxeradores de máis de 200 m de alto)
Dende a Asociación Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, congratulámonos de que o esforzo altruísta e voluntario dos membros e colaboradores que a compoñen, así como o bo facer da avogada e da procuradora designados polo Turno de Oficio, contribuíran a que se acollese a cautelar solicitada relativa ao proxecto denominado “Parque Eólico Monte Contado”
Por que concede a medida cautelar?
✅ Periculum in mora: risco real e inminente de danos irreversibles —hábitats de máxima sensibilidade ambiental segundo o MITERD, presenza de especies en perigo (⚠️ Milvus milvus, Rhinolophus hipposideros, etc.) e aeroxeradores a < 1 km de varios núcleos rurais.
✅ Fumus boni iuris: indicios sólidos de fragmentación artificial para crear un macro-parque eólico e deficiencias na avaliación sinérxica con proxectos adxacentes (Monciro, Batifol).
✅ Interese xeral: prevalece a protección do medio e da saúde das persoas fronte á execución inmediata dun proxecto cuestionado.
Decisión e efectos 🚫🛑
Suspéndese a eficacia da resolución da Xunta que rexeitara a suspensión administrativa; conséguese así paralizar todo o proxecto Monte Contado.
Queda tamén en suspenso o prazo de 5 anos do RD-Lei 23/2020 para xustificar a posta en servizo, evitando que caduquen permisos de acceso e conexión mentres dura o litixio.
Sen caución: o tribunal exime a ONG ecoloxista de prestar garantía polo seu carácter sen ánimo de lucro.
Custas: Xunta e Naturgy deberán asumir até 150 € cada unha. 💶⚖️
Outro revés xudicial que debuxa o esgotamento dun modelo eólico avalado pola Xunta ao marxe de límites ambientais e sociais. 🌍✋





