Imaxes de Pena Corneira (Ourense), seica o monumento natural con maior superficie de Galicia, 998 hectáreas.
No outubro do 2017 un incendio forestal arrasou o conxunto deste espazo protexido, daquelas había algún que outro eucalipto, hoxe os eucaliptos teñen invadida unha boa parte de Pena Corneira.
Dixémolo en tempo e forma: “URXE arrincar os eucaliptos que invaden Pena Corneira agora que son pequenos pois se medran vai ser prácticamente imposible…”.
Que fixo a Xunta de Galicia? pois como acostuma nestes casos “deixou facer e deixou pasar” 🤔 agora os eucaliptos xa son moi grandes e invadiron a unha boa parte da Fraga autóctona…
A Xunta de Galicia actúa con total desleixo cos seus poucos espazos naturais protexidos.
Galicia a intemperie!!! 🌳🏞️🌈🌍