HOXE polo serán achégate a falar sobre ARTICULACIÓN SOCIAL FRONTE Á DEPREDACIÓN DA NATUREZA no Centro Social #ARevolteira de #ACORUÑA
Con Juan Castro, enxeñeiro agrónomo contra a desfeita de #Altri e Eva Rodríguez (gandeira) e Aranza González (veterinaria) contra a #InvasiónEólica
🌪️Porque #OVentoÉNosoEnonDosMafiosos
💥Porque #GalizaNonÉaSúaMina
❌Porque #ACelulosaDeAltriÍmolaParar
🌿💜Porque #DefenderATerraÉdefenderAvida
18 Abril 20:30 h. A Revolteira (Rua Falperra, 13 A Coruña)
AsCidadesEoRuralXuntasContraOCapital ‼️
✍️ Apoios á V Manifestación #OPoboGalegoUnidoContraADepredaciónEnerxética do #Domingo28Abril en #Pontevedra: apoios@contraventoemare.org
🌀ContraVentoEMaré #Pontevedra
🌀VentoMareiro #Ferrol
🌀UnVentoVén #Lugo
🌀VeuPoloAire #Vigo
🌀FoiPoloVento #ACoruña
“Resulta contraditorio que, en plena moratoria de plantación de eucaliptos até o 2025, a Xunta estea apoiando esta macrofábrica.
A día de hoxe xa se superaron as previsións de plantacións de eucalipto que figuraban inicialmente no Plan Forestal de Galicia para o ano 2030, de modo que a prohibición de novas plantacións enmárcase no sentido de evitar que o monocultivo de eucalipto exceda as proporcións previstas en relación con outras especies forestais.
Polo tanto, a aprobación deste proxecto iría no sentido totalmente contrario a esta formulación, sendo o elemento acelerador de novas plantacións de eucalipto en Galicia, aumentando a perda de superficie agraria útil, a destrución da biodiversidade dos bosques e o cambio de modelo productivo no ámbito forestal e o risco de sobreexplotación para os acuíferos e zonas húmidas”. Vía:- O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas