Saltar ao contido

Denuncia anónima

Se o desexas, dende a asociación Ecoloxistas Galicia “Atlantica e Verde” podemos axudarte coa túa queixa ante irregularidades e ilegalidades que causen un deterioro do medio ambiente ou unha inxustiza social. Utiliza o seguinte email de contacto para informarnos de calquera posible agresión ao medio ambiente:

ecoloxistasenacciongaliza@gmail.com

O persoal especializado da nosa asociación avaliará a información que nos enviedes e, no seu caso, poderemos emprender accións legais se o consideramos necesario e viable. En todo caso, os datos que facilitas poden ser útiles para outras accións de conservación.

Lembra que o teu informe pode ser anónimo se o desexas, aínda que nos será de gran utilidade coñecer a túa información de contacto, exclusivamente para ampliar calquera información e preservando sempre a túa identidade.

¡IMPORTANTE! Enviar, na medida do posible, a seguinte información no email da denuncia:

  • Fotografía ou vídeo (Lembra ter activo o GPS do móvil para ter as coordenadas exactas da foto ou vídeo)
  • Localización aproximada da agresión: río, parque, lugar, parroquia ou concello.
  • Teléfono de contacto por se é necesario completar algunha información.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario