Os galegos e galegas levámolo lume no sangue

A nova conselleira de Medio Rural afirma que os galegos e galegas “Levámolo lume no sangue!!!” Haberá que perdoarlle pois acaba de chegar mais é bo lembrar que consellería responsabe da política forestal e a prevención de incendios no rural leva fomentando a cultura incendiaria coas súas prácticas cotiás: falla de prevención coa maioría dos montes abandoados e sen unha xestión axeitada, queimas feitas pola mesma Xunta de Galicia incluso en espazos naturais protexidos, eucaliptización do conxunto do país PFG 1992-2030 -no 2030 tiña que haber como moito 250.000 Has. de eucaliptos e temos ao redor de 500.000 Has.-), PLADIGA (Plan de Incendios de Galicia) aprobado unilateralmente polos gobernos de Núñez Feijoo e agora por don Alfonso Rueda sen ter en consideración a opinión do sector forestal nin do conxunto da sociedade do país…
E cando se producen incendios forestais sempre as mesmas respostas: tramas incendiarias, pirómanos espallados por todo o país e agora “os incendios están en el ADN de Galicia”…
As análises simplistas, o curtoplacismo, políticas neoliberais “deixar facer, deixar pasar” fai que intenten agochar a súa incompetencia con declaracións exculpatorias que non axudan a solucionar o problema.
Outra política forestal, outra política de prevención de incendios é posible, é imprescindible mais en canto a Xunta de Galicia so aposte pola extinción os nosos ecosistemas seguirán calcinandose, seguiremos estragando o noso patrimonio natural e o futuro do país.
Non teñen perdón…!!!

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio